jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Rematan as obras do aparcadoiro da Altiboia, que contará con cen prazas de estacionamento

Rematan as obras do aparcadoiro da Altiboia, que contará con cen prazas de estacionamento
Rematan as obras do aparcadoiro da Altiboia, que contará con cen prazas de estacionamento

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, supervisou  o remate das obras do aparcadoiro da Altiboia, dotado con 100 prazas de aparcamento, 66 normais, 30 reservadas para residentes e 4 para persoas con algún tipo de discapacidade.

Segundo explicou o rexedor, que estivo acompañado polos concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón, e de Barrios e Obras, estase pintando e colocando a sinalización para que poder abrilo, previsiblemente, a finais desta semana.


As obras adxudicáronse en Xunta de Goberno o pasado doce de xullo, a través do contrato denominado "Execución das obras do proxecto de acondicionamento de aparcadoiro na parcela RE-4 colindante coa Escola de Música e reurbanización da rúa Altiboia. Fase I", por un importe de 171.491,4 euros.

A actuación consistiu no acondicionamiento de parte da parcela de titularidade municipal, algo máis de 3.300 metros cadrados, para adaptala a un aparcadoiro en superficie. Achairouse a superficie e botóuselle un acabado de formigón que absorve a auga da choiva. Tamén se procedeu á recollida de pluviais e colocouse alumeado. O aparcadoiro ten acceso a dúas rúas, á Altiboia e a Rodríguez de Viguri. 
Comentarios
Lo más