O alcalde nega de xeito taxante calquera interese especulativo co proxecto de Peleteiro
Sobre a reurbanización do solar do Peleteiro, o alcalde negou de xeito taxante calquera interese especulativo co proxecto, e cualificou estas acusacións de “absoluta falsedade” que “só se pode explicar desde unha actuación de mala fe, ou por un descoñecemento dificil de explicar e de xustificar”.
O alcalde recordou que na operación Peleteiro, “xusto sobre o que non hai discusión, é sobre o aproveitamento urbanístico nin dos usos. Aceptamos a proposta que había sobre a mesa e non hai discusión algunha a ese respecto”.
Non que non hai consenso, recordou, é se a apertura principal da praza deber estar cara o sol, cara a rúa de San Pedro de Mezonzo; ou cara a sombre, cara a Repúblic Arxentina. E tampouco hai acordo sobre o centro social, de propiedade pública, se debe dar a unha rúa e a unha praza interior; ou a unha rúa ou “ao teito dun supermercado, que tamén é unha praza interior”. E tamén non existe consenso sobre se a medianeira do edificio que hai no canto do solar, queda á vista ou non.