miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bugallo pide coordinación á Xunta e amósase sorprendido “ante iniciativas políticas” que no Parlamento “pretenden substituir o labor municipal”

Bugallo pide coordinación á Xunta e amósase sorprendido “ante iniciativas políticas” que no Parlamento “pretenden substituir o labor municipal”
Bugallo pide coordinación á Xunta e amósase sorprendido “ante iniciativas políticas” que no Parlamento “pretenden substituir o labor municipal”

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, pediu coordinación á Xunta de Galicia e amosouse sorprendido pola “iniciativa política” de que presenten tres proxectos para as axudas de mobilidade do Estado sen consensualos co Concello. “Sorpréndenos”, afirmou,  “que se plantexen actuacións no casco urbano de Santiago sen coordinar co Concello e sen embargo, coordinadas, aparentemente, cunha determinada opción política que no Parlamento pretende substituir o labor municipal”.


Na rolda de prensa de Xunta de Goberno, o alcalde recordou que o pasado venres, nunha reunión entre o director da AXI, a Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, trasladóuselle que a Xunta ía presentar tres proxectos para as axudas de mobilidade, dentro da convocatoria que fai o Estado con cargo a fondos europeos. Un era un aparcamento na parte de atrás da gasolineira da Galuresa situado preto do Milladoiro, e dous eran dúas rutas ciclistas. O rexedor sinalou que lle sorprende que “iso se plantexe como unha especie de iniciativa política, da que ata agora, non se falara con nós”. 

Sánchez Bugallo aclarou que as dúas iniciativas que presentou o concello aos fondos europeos no  ámbito de mobilidade e da reducción da contaminación son sólidas. Iniciativas como a plataforma loxística de mercadorías. Hoxe mesmo, a Xunta de Goberno aprobou remitir á  Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia,  a solicitude de inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada do “Plan especial de infraestruturas e dotacións na parcela de equipamento IA-8” para a implantación da devandíta plataforma, que se localizaría en Mallou, na zona de Meixonfrío, nunha parcela duns 12.000 metros cadrados de superficie.  O outro proxecto, indicou o rexedor, “a construción dunha gran área de servizo e dun aparcamento de borde para uns 2.000 vehículos en Meixonfrío”. Sobre a proposta de aparcamento da Xunta, “sabemos moi pouco. O que se propón é habilitar un espazo nunha zona moi complicada, coa gasolineira, coa autoestrada, e cun gran impacto visual sobre o Sar e o Camiño Portugués, que creo, debe ser reconsiderada”, afirmou. 

“Nós”, engadiu o alcalde, ofrecémonos á Xunta para buscar unha localización máis axeitada. Por exemplo, en San Lázaro, nos terreos propiedade do Ministerio de Fomento, que foron utilizados por Autoestradas, para as obras de ampliación de Santiago-Norte, Santiago Sur”, que que actualmente están sen uso.  “Alí pódese facer un aparcamento, posiblemente con maior capacidade que ese”, en referencia ao que propón a Xunta, “sen problema e sería pór en valor unha zona inutilizada”, subliñou. 

En relación aos circuitos de bicicletas, continuou Sánchez Bugallo, “o de Milladoiro está en execución neste momento. E por parte da brigada municipal de Vías e Obras estase traballando, preparando unha senda mixta, peonil e de bicicletas, que una O Milladoiro co Castelo da Rocha Forte. E está moi avanzado o proxecto desde a contorna do castelo cara o centro da cidade”. 

Polo tanto, proseguiu, “nós o que pedimos é coordinación, porque se trata de vías que son practicamente todas de titularidade municipal”, e dentro do concello. “Todo o que sexa para ben, ímolo apoiar e a colaborar, pero parécenos raro que todo isto se plantexe no Parlamento e non no Concello de Santiago nin co Concello”, indicou. 

O alcalde reiterou a vontade de cooperación do Concello de Santiago coa Xunta, pero, engade, “o que nos dá a impresión é que hai moita improvisación” e moita “politiquería”.  En todo caso, asegurou, “quedamos extrañados de que todo isto non se tramite a través do Grupo Municipal Popular, que polo que se ve, está en fóra de xogo en toda esta historia”. Sánchez Bugallo recordou que o Parlamento de Galicia é o órgano de control da acción de goberno da Xunta, non o órgano de control da acción de goberno do Concello de Santiago. 

O rexedor recordou que o goberno municipal actúa sempre desde un principio de lealdade e colaboración institucional, como estamos facendo coas obras de Conxo, coas obras de Rodríguez de Viguri, ou coas obras do Tambre, onde a Xunta é consciente das dificultades e problemas que tivo e que están tendo”, finalizou.

Comentarios
Lo más