Martes solleiro en Compostela
08:00 22/02/22
08:00 22/02/22
As temperaturas oscilarán entre os 5 e os 17 graos
O martes Galicia manterase na influencia do anticiclón, con ventos de compoñente norte. Así, os ceos permanecerán pouco nubrados ou despexados en xeral, con bancos de néboa localmente persistentes en puntos do interior da provincia de Lugo. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso e as máximas ascenderán. O vento soprará frouxo de compoñente norte.
En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o luns pola mañá. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán lixeiramente, a pesar de que oscilarán.