A semana comeza gris pero irá a mellor
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 15 graos
Non se agardan cambios significativos para o luns, con Galicia na influencia das altas presións e ventos de compoñente oeste. Así, comezaremos o día cos ceos cubertos e algún orballo máis probable na metade norte e co avance do día iranse abrindo grandes claros. As temperaturas non terán cambios significativos ou experimentarán lixeiros ascensos. O vento soprará frouxo de compoñente oeste pola mañá e de compoñente norte á tarde.
En Santiago agardase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados, aínda que ocasionalmente poderán atoparse moi anubrados. Agárdanse precipitacións o luns pola mañá. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en ascenso moderado.