jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Día de nubes e claros en Santiago

Día de nubes e claros en Santiago
Día de nubes e claros en Santiago

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 14 graos

Galicia mantense na influencia das altas presións, con ventos de compoñente oeste que seguirán a traer moita humidade. Así, durante a mañá predominarán as nubes baixas, con algunha chuvia miúda na metade norte. Pola tarde iranse abrindo claros e as nubes volverán á noite. Temperaturas en ascenso, máis acusado nas mínimas. Ventos frouxos de compoñente oeste, con intervalos de moderado arredor de Bares.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros, aínda que ocasionalmente poderán atoparse pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o sábado pola tarde. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en ascenso moderado aínda que oscilarán.





Comentarios
Lo más