A chuvia da unha tregua en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 3 e os 11 graos
O sábado Galicia estará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, cunha fronte pouco activa achegándose nas últimas horas da tarde. Deste xeito, o ceo presentará alternancia de nubes e claros en xeral, con entrada de nubes baixas polo noroeste do territorio a partir do mediodía. As temperaturas mínimas sufrirán entre un descenso entre moderado e notable, mentres que e as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do suroeste, frouxos en xeral, aumentando a moderados no litoral noroeste pola tarde, con intervalos fortes nos arredores de Bares.
En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán moi anubrados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en ascenso lixeiro, a pesar de que oscilarán.