miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Corte de tráfico na rúa da Benéfica de Conxo

Corte de tráfico na rúa da Benéfica de Conxo
Corte de tráfico na rúa da Benéfica de Conxo

O domingo 20 de febreiro a rúa Benéfica de Conxo permanecerá pechada ao tráfico dende as 08:30 ata as 20:00 horas por mor da ocupación da vía pública cun guindastre para a realización dunha obra de carácter particular.


Transporte público

Debido ao peche de tráfico na rúa Benéfica de Conxo, as liñas 5 e C2 realizarán os seguintes desvíos:

*Liña 5 sentido Rocha: despois de Sánchez Freire, desviaranse pola SC-20 ata a rotonda de Volta do Castro, continuando o percorrido habitual por Poza Real de Abaixo (Sta. Apolonia).

Quedarán suprimidas as paradas: (155) Campo de Conxo, psiquiátrico; (127) Benéfica de Conxo, Televés; (626) Torrente, cruce Travesa Benéfica; (628) Torrente nº 28.

*Liña 5 sentido Vite: realizarán o percorrido habitual ata a rotonda de Televés, onde realizarán cambio de sentido volvendo por Torrente, rotonda de Volta do Castro, SC-20, e itinerario habitual pola avda. de Ferrol.

Quedarán suprimidas as paradas: (412) Campo de Conxo, psiquiátrico.

*Liña C2: despois de Sánchez Freire, desviarase pola SC-20 ata a rotonda de Volta do Castro, continuando por Torrente, Benéfica, cambio de sentido na rotonda de Televés e retomando o itinerario habitual na rúa dos Roláns.

Quedarán suprimidas as paradas: (155) Campo de Conxo, psiquiátrico. 
Comentarios
Lo más