jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Urxen a substitución dos vellos vehículos multamóbiles por novas unidades “limpas”

Urxen a substitución dos vellos vehículos multamóbiles por novas unidades “limpas”
Urxen a substitución dos vellos vehículos multamóbiles por novas unidades “limpas”

Ningún dos dous vehículos, de 18 e 10 anos de antigüidade, podería acceder aos distintivos máis eficientes que se conceden en España e o máis vello “nin sequera ten dereito a ningún tipo de distintivo ambiental, quedando fóra da consideración de vehículo lim

O portavoz do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, vai realizar unha proposta ante o Pleno municipal para que o Concello proceda “coa maior urxencia” a substituír os vehículos actualmente destinados ao control e sanción en determinados espazos de aparcamento regulado, popularmente coñecidos como “multamóbiles”, optando por vehículos eléctricos puros ou con etiqueta ambiental CERO, co fin de mellorar a eficiencia e o respecto ambiental.


Segundo se pon de manifesto na iniciativa, trátase de dous vehículos usados, un deles de 18 anos de idade e outro de 10 anos, procedentes do parque móbil da empresa municipal Tussa. En contraste co innovador equipamento tecnolóxico que transportan, con catro cámaras de ampla visión a ambos lados da vía que permiten ler placas de matrícula ata 30 metros de distancias e enviar as imaxes a un servidor central para a súa validación, os vehículos destacan pola seu arcaísmo e a súa falta de adaptación ás esixencias ambientais.


Fóra da consideración de “vehículos limpos”


Ningún dos dous multamóbiles podería acceder aos distintivos máis eficientes que se conceden en España. O máis novo estaría encadrado dentro do distintivo “C”, que, aínda que cumpre coas emisións EURO, xa comeza a ter limitada a súa circulación en determinadas áreas das grandes cidades, como acontece en Madrid. No caso do máis vello, polo seu grao de contaminación, nin sequera ten dereito a ningún tipo de distintivo ambiental, quedando fóra da consideración de vehículo limpo. Resulta evidente que o uso destes vehículos , que están a transitar continuadamente polo centro urbano da cidade, resulta incompatible co respecto ambiental, coa desexable calidade do aire para o conxunto da cidadanía e co carácter exemplificativo que debe manter a administración local. Para Sánchez Brunete ,“estamos ante un grotesco exemplo de hipocrisía ambiental”.


Para os populares, a elección e autorización destes dous vehículos non pode deixar de sorprender, ademais de pola súa fundamental inadecuación ambiental, por dous motivos adicionais: en primeiro lugar, porque o Goberno local está a propagar a idea de que vai limitar o acceso de vehículos contaminantes creando unha zona urbana de baixas emisións (mesmo se chegou a falar dunha “zona cero emisións”), seguindo os postulados ambientais da Unión Europea, que informan a nova Lei estatal de Cambio Climático e Transición Enerxética; en segundo lugar, pola inadecuada e innecesaria actitude de suposto aforro -ao aproveitar uns vehículos vellos- nun tema de tanta transcendencia, posto que non podemos esquecer que estes vehículos están a percorrer a cidade todos os días da semana, tanto de día como de noite, polo que a súa capacidade contaminante, probablemente, non terán parangón con ningún dos vehículos municipais existentes.


Aforro envelenado e inxustificable

Segundo pon de manifesto o portavoz popular “o recurso ao aforro -ao evitar adquirir un vehículos novos- non soporta a máis mínima xustificación, en todo caso sería un aforro envelenado, tendo en conta a contribución destes vehículos ao capítulo de ingresos municipais procedentes de sancións de tráfico, cunha previsións de recadación nos orzamentos de 2022 de 3,1 millóns de euros, un 27,6% máis do estimado para 2021”. Por outra parte, existen importantes liñas de axudas de distintas administracións de aplicación para estes casos, sen esquecer a capacidade da empresa Tussa como medio propio para este fin ou que o propio Concello conta con recursos para facer fronte a un gasto semellante. A este respecto, a proposta remata lembrándolle ao Goberno local que este aprobou en setembro de 2021 un crédito extraordinario, con cargo aos remanentes de tesourería de 2020, para financiar a licitación en curso de 7 vehículos (3 eléctricos puros e catro con etiqueta ambiental ECO ou híbridos) para distintos servizos e a correspondente infraestrutura de recarga, por importe de 370.493 euros, sen que conste que ningún fora destinado a renovar os vellos multamóbiles.

Comentarios
Lo más