jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Xuntanza dos tres Consorcios de cidades Patrimonio da Humanidade de España

Xuntanza dos tres Consorcios de cidades Patrimonio da Humanidade de España
Xuntanza dos tres Consorcios de cidades Patrimonio da Humanidade de España

Santiago recibe esta semana a visita dos xerentes dos outros dous Consorcios de cidades Patrimonio da Humanidade que hai en España -ademais do de Santiago-, Cuenca e Toledo.

O xerente do Consorcio da Cidade de Cuenca, Mariano Teruel, e o xerente do Consorcio da Cidade de Toledo, Jesús Corroto; xunto ao inspector xeral do Ministerio de Facenda e Función Pública, Ángel Esteban, e a xerente do Consocio da Cidade de Santiago, Belén Hernández, foron recibidos esta mañá polo alcade de Santiago e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo.


Hoxe mércores e mañá xoves manterán xornadas de traballo nas que abordarán as necesidades e retos comúns como a posta en marcha da Administración dixital, o seguimento da actividade administrativa dos tres consorcios ou a convocatoria dos fondos europeos, entre outras cuestións. Así mesmo, darase conta das actuacións que está a levar o Consorcio de Santiago nos eidos da rehabilitación e mantemento de inmobles, conservación do patrimonio e intervencións no espazo público. Ademais, realizaranse visitas ás obras que o Consorcio de Santiago ten en marcha nestes intres. 
Comentarios
Lo más