O Carballo de Santiago, a piques de se convertir na “Árbore de Europa”
Polonia encabezan a táboa de votos, co Carballo do Banquete de Conxo en segunda posición grazas a unha gran mobilización popular que aínda ve posibilidades de gañar
Recentemente o Carballo de Banquete de Conxo foi recoñecido como a Árbore de España deste ano e aspira a obter o título de Árbore Europea do 2022. Agora compite na última fase do certame europeo “Tree of the Year” cuxo prazo de votación popular está aberto ata o 28 de febreiro, pero durante a última semana o resultado das votacións estará oculto.
Unha axustada votación que aínda está aberta, onde Polonia encabeza a táboa, seguida de preto por Rusia que está moi movilizada coa súa árbore –que por certo, xa non existe–, xa que fai pouco foi derribada por unha tormenta.
Depois das polémicas de outros concursos como o Benidorm Fest onde a esencia de Galicia estivo preto de representar a España con “Terra”, agora temos unha nova oportunidade aberta a votación polular, co noso Carballo como representante de España en esta competición por ser a Árbore de Europa. E que lugar no mundo merece máis ese recoñecemento que un carballo galego, cunha gran historia de máis de 250 anos, e que é xa todo un símbolo para a cidade e para España, e quizáis en breve tamén para Europa.
Este recoñecemento é importante para unha cidade como Santiago, e como compromiso coa sustentabilidade por cada voto que reciba a candidatura do Carballo de Conxo, o Concello de Santiago comprometeuse a plantar unha nova árbore autóctona. Cunha plantación de 100.000 árbores de aquí a 2030, máis de 19.000 só no 2022, no caso de que se chegue ao mesmo número de votos.
Santiago de Compostela conta cunha superficie de espazos verdes que supera amplamente os estándares marcados pola OMS. Reivindicar e manter o noso patrimonio natural é un obxectivo que mellorará a vida da cidadanía, potenciará o atractivo turístico da cidade e favorecerá o crecemento dunha nova xeración en harmonía cos valores ambientais; en definitiva, potenciando un entorno idóneo para o desenvolvemento do noso talento.
Un carballo cunha historia de máis de 250 anos
Este histórico carballo naceu coa Ilustración. Foi testemuña en 1856 do Banquete Democrático de Conxo, acto revolucionario que reivindicou os ideais da nova Europa: Liberdade, Igualdade e Fraternidade.
Foi defendido por Rosalía de Castro nunha denuncia ecolóxica pioneira en España. E o bosque que o acolle, ao pé do Camiño Portugués de peregrinación, é hoxe todo un cofre botánico, aberto
ao público en 2018, cunha gran festa popular, tras permanecer inaccesible durante máis dun século.
Os colexios están volcados coa votación polo carballo
18 centros educativos xa aceptaron o desafio #1 Cole1Bosque
Practicamente unha veintena de centros educativos xa aceptarón o reto colectivo de votar conxuntamente todos os integrantes polo Carballo do Banquete de Conxo no concurso europeo "Tree of the year". Se o centro logra o reto, o Concello plantará un novo bosque, que levará o nome do colexio. O tamaño do bosque dependerá do número de votos que sumen e haberá dous tipos: de máis de 500 árbores e de máis 1000 árbores.
Así teñen confirmado os CEIP de Quiroga Palacios, Fontiñas, Roxos, Vite 1, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas, os colexios Vilas Alborada, Nosa Sra. Dos Remedios, Compañía de María, Tesdai, Picadilly, Jesuítas Noia, os Institutos de Sar, Fontiñas, Xelmírez I e II, e Politécnico de Conxo.
Como se vota polo Carballo de Santiago para convertelo na Árbore de Europa 2022?
5 pasos que levan menos de 1 minuto.
- Accede á ligazón para ir á páxina do concurso.
https://www.treeoftheyear.org
- Para poder votar, debes seleccionar DÚAS ÁRBORES, que unha sexa o Carballo do Banquete, e outra que che guste (sería adecuado que non sexan Rusia nin Polonia).
- Click sobre “Vamos votar!”, onde debes introducir o teu email e confirmar a súa política de protección de datos.
- Verificar o email, pulsando sobre a ligazón que che envían para que o voto sexa válido (se non o confirmas, non conta).
- 🔁 Xa está! Agora, podes repetir o proceso con outro email ;)