miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Piden ao Goberno local que incremente a instalación de desfibriladores e a formación do seu uso

Piden ao Goberno local que incremente a instalación de desfibriladores e a formación do seu uso
Piden ao Goberno local que incremente a instalación de desfibriladores e a formación do seu uso


         Os Populares lembran que ao pouco de iniciarse o actual mandato, en novembro de 2019, o Grupo Popular presentou unha iniciativa que, sen chegar a ser debatida, foi aprobada por unanimidade da Corporación

O Grupo Municipal Popular solicitará no vindeiro Pleno ordinario ao Goberno municipal que intensifique as accións para a dotación de equipos desfibriladores nas instalacións municipais; que se mellore a formación dos empregados públicos no seu manexo; que se axude a difundir ante outras entidades locais a importancia da súa presenza e se manteña ao día a comunicación dos equipos dispoñibles para a súa inclusión nos rexistros e aplicacións públicas existentes.


Lembran que, ao pouco de iniciarse o actual mandato en novembro de 2019, o Grupo Popular presentou unha iniciativa que, sen chegar a ser debatida, foi aprobada por unanimidade da Corporación. Naquela proposta solicitábase o incremento progresivo do número de desfibriladores externos semiautomáticos (DESAS) nas instalacións municipais, establecendo unha orde de prioridades por afluencia de persoas e actividades realizadas, tendo en conta que, entre outras, o Concello dispón de máis dunha vintena de instalacións deportivas, preto de 30 dependencias educativas e 44 centros socioculturais.


Destacan tamén que é certo que un número tan elevado require unha instalación progresiva e que nestes últimos meses se instalaron algúns e mesmo nos orzamentos deste ano existe algunha previsión (como a da empresa Tussa, que inclúe 5 DESAS para adquirir este ano), pero tamén advirte que cómpre intensificar o ritmo para mellorar a oferta dun equipamento que pode salvar vidas.


Os Populares concretan que, a maiores, o Concello pode contribuír a concienciar a outras entidades para que se sumen a este reto, a mellorar a formación do persoal municipal para o manexo e mantemento dos equipos existentes e a manter ao día a inscrición dos DESA nos rexistros e nas aplicacións das entidades como a Fundación O61 de Galicia e a Sociedade Española de Cardioloxía, que desenvolven accións para promover tanto os dispositivos como as técnicas para a reanimación cardiopulmonar (RCP).

Comentarios
Lo más