jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

O prazo de inscrición nas escolas infantís municipais de Santiago será do 16 de marzo ao 16 de abril

O prazo de inscrición nas escolas infantís municipais de Santiago será do 16 de marzo ao 16 de abril
O prazo de inscrición nas escolas infantís municipais de Santiago será do 16 de marzo ao 16 de abril

Xunta de Goberno Local aprobou os prazos de reserva de prazas e presentación de solicitudes para o alumnado actual e os de novo ingreso das Escolas Infantís Muncipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños; e da Escola Municipal de Música

O prazo de presentación de solicitudes do procedemento de reserva de praza e traslado do alumnado actual e dos traballadores e traballadoras das Escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, estará aberto entre os días 1 e 10 de marzo de 2022 (ambos os dous inclusive). O alumnado xa matriculado neste curso 2021-2022, ten dereito á renovación automática sempre que cumpran co requisito de empadroamento.


As solicitudes presentaranse segundo o modelo normalizado "Solicitude de reserva de praza nas escolas infantís municipais" ben por medios electrónicos ou de xeito presencial, solicitando cita previa, no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Unha vez rematado o período de presentación de solicitudes e revisadas as reservas de praza, o 15 de marzo procederase á comunicación pública na páxina web municipal e nos taboleiros de anuncios das Escolas Infantís Municipais, da lista de reservas e traslados e o número de prazas vacantes por unidades.

O prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso será do 16 de marzo ao 16 de abril. As solicitudes de novo ingreso presentaranse segundo o modelo normalizado "Solicitude de ingreso en escolas infantís municipais" ben por medios electrónicos ou de xeito presencial, solicitando cita previa, no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para os ingresos urxentes resérvase polo menos unha praza por cada grupo de idade (0-1, 1-2 e 2-3) en cada unha das Escolas Infantís Municipais. Para estes casos deberán presentarse as solicitudes de novo ingreso.

Escola Municipal de Música (EMM)

En canto aos procedementos e á apertura dos prazos de reserva de praza, solicitudes de admisión e matrícula na Escola Municipal de Música para o curso escolar 2022-2023, tamén se distingue entre renovación de praza e alumnado de novo ingreso.

Renovación de praza e matrícula no curso escolar 2022-2023 (alumnado actual do centro):

Alumnado de iniciación musical II (2º de Educación Primaria):

- Publicación das prazas extraordinarias de instrumento: 21 de marzo
- Presincripción: do 21 ao 25 de marzo
- Sorteo público interno: 7 de abril

Alumnado de música e movemento, PEX (Plan Educativo Xeral) e PEPA (Plan Educativo para Persoas Adultas):

- Renovación de praza: do 25 de abril ao 5 de maio
- Exposición pública de prazas vacantes da 1ª convocatoria: 12 de maio

Na páxina web da EMM e na web do Concello de Santiago exporase a acta do sorteo e as listaxes coa data e hora para elixir horario. Dita información tamén será remitida por correo electrónico ao alumnado e familias.

Durante a elección de horario, que se realizará a través da plataforma zoom, confirmaranse os datos do alumno ou alumna e remitirase a través de correo electrónico para que poida ser cuberto e asinado o correspondente impreso de matrícula, así como a actualización da ficha médica, a autorización de dereitos de imaxe de cada alumno ou alumna, título de familia numerosa (a quen corresponda) e a autorización de saída do centro dos menores de idade e demais documentación referente á aceptación das medidas de prevención asumidas durante a pandemia.

Solicitudes de novo alumnado

- Periodo de preinscripción: do 13 de maio ao 10 de xuño
- No caso de haber máis solicitudes que prazas realizarase un sorteo público o 20 de xuño
- Exposición pública das listas provisionais de admitidos na primeira convocatoria: a partir do 21 de xuño
- Período de reclamacións: 10 días naturais dende a publicación de admitidos provisionais
- Exposición pública da relación definitiva de admitidos: a partir do 1 de xullo
- Matrícula para os admitidos: do 4 ao 15 de xullo.

As persoas interesadas en matricularse deberán presentar a solicitude de preinscrición ben por medios electrónicos ou de xeito presencial con cita previa no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras), ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Para solicitar a cita no Rexistro Xeral do Concello de Santiago poden chamar ao teléfono 881 505 107 ou facelo a través da páxina web: https://citaprevia.santiagodecompostela.gal/ Se presenta a solicitude a través da sede electrónica do Concello de Santiago (https://sede.santiagodecompostela.gal/ ) escolla o trámite "Inscrición na Escola Municipal de Música" dentro do catálogo de trámites dispoñible. 
Comentarios
Lo más