miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A semana comeza con chuvia

A semana comeza con chuvia
A semana comeza con chuvia

As temperaturas oscilarán entre os 5 e os 11 graos

Logo do paso dunha fronte moi activa comezaremos a semana aínda con moita inestabilidade atmosférica e aire frío. Polo tanto, o ceo estará parcialmente cuberto con chuvascos xeneralizados, máis intensos e frecuentes pola mañá, localmente acompañados de sarabia e aparato eléctrico. A cota de neve situarase nos 900 metros. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará forte do noroeste pola mañá, amainando progresivamente a partir do mediodía.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente aínda que oscilarán e máximas que se manterán sen cambios. Vento forte do Sur o domingo pola mañá.



Comentarios
Lo más