jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Piden máis ambición ao Concello para traer a Compostela eventos de prestixio internacional

Piden máis ambición ao Concello para traer a Compostela eventos de prestixio internacional
Piden máis ambición ao Concello para traer a Compostela eventos de prestixio internacional

Borja Verea lamentou ademais que “teriamos que estar aproveitando as oportunidades do dobre ano Santo, non hai ningunha ambición por parte do concello, non conseguiu traer a Santiago ningún acontecemento de máximo prestixio internacional que servise para proxectar a cidade en novos mercados, co que suporía en patrocinios e dinamización económica da cidade para todos os sectores”.

Borja Verea, presidente dos populares composteláns e deputado autonómico, visitou as intalacións do clube Escola de Xadrez Compostela para seguir poñendo en valor o deporte base na cidade, e especialmente os deportes minoritarios.


O deputado autonómico subliñou que “en Compostela temos a sorte de ter unha gran diversidade de clubes, máis alá do fútbol e o baloncesto, nos que participan moitos rapaces e familias, e que fan unha importante labor de conciliación pero tamén de posicionamento da cidade en eidos non tan recoñecidos pero que teñen público e seguidores”.


Verea tamén apuntou que “hai que apostar polos deportes minoritarios e pola súa capacidade de mobilización e de dinamización”, salientando que “temos que renovar a estratexia do deporte compostelán”, xa que “hoxe non hai proxecto, ou non se coñece”, e insistiu en que “o importante é poñernos uns obxectivos colectivos e despois axudar desde todas as admnistracións”.


O líder popular lamentou ademais que “teríamos que estar aproveitando as oportunidades do dobre ano Santo, non hai ningunha ambición por parte do concello, non conseguiu traer a Santiago ningún acontecemento de máximo prestixio internacional que servise para proxectar a cidade en novos mercados, co que suporía en patrocinios e dinamización económica da cidade para todos os sectores”, salientando que “o único que fixeron os responsables municipais é poñerse detrás da Xunta de Galicia para as fotos, pero nin unha soa proposta, nin unha soa iniciativa”. E podemos poñer hoxe como exemplo un deporte como o xadrez, con millóns de afeccionados por todo o mundo, e o que suporía ter en Compostela, por exemplo, unha competición mundial cos mellores xogadores como Magnus Carlsen, Fabiano Caruana ou Liren Ding; ou con históricos como Judit Polgar ou Gary Kasparov”.


“É necesario máis ambición, máis ideas e máis ganas para sacar a Santiago dos mesmos discursos e as mesmas desculpas que nos últimos 20 anos”, concluíu Verea.

Comentarios
Lo más