jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Domingo pasado por auga en Compostela

Domingo pasado por auga en Compostela
Domingo pasado por auga en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 11 graos

O domingo Galicia estará afectada polo paso dunha fronte fría activa asociada a unha borrasca situada sobre Inglaterra. Deste xeito, o ceo estará cuberto con precipitacións xeneralizadas, máis intensas na metade oeste. A cota de neve estará situada nos 1400 metros pola tarde baixando progresivamente ata os 900 metros ao final do día. As temperaturas mínimas ascenderán pero as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará forte do suroeste, con refachos moi fortes no terzo norte.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o domingo, o luns e o martes. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en descenso lixeiro. Vento forte do Sur do domingo pola mañá ó domingo pola tarde.



Comentarios
Lo más