jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

O Goberno local autoriza a recepción das obras dun senda peonil en Laraño cunha decena de postes no centro do seu trazado

O Goberno local autoriza a recepción das obras dun senda peonil en Laraño cunha decena de postes no centro do seu trazado
O Goberno local autoriza a recepción das obras dun senda peonil en Laraño cunha decena de postes no centro do seu trazado

Malia o acordo plenario, a Xunta de Goberno local autorizou esta semana o “inicio de trámites para proceder á recepción das obras”


O portavoz do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, vai dirixir unha pregunta ao Goberno local para coñecer os motivos polos que aprobou esta semana o inicio da recepción das obras da senda peonil construída entre Paredes de Laraño e o centro sociocultural da parroquia, pola marxe da estrada entre A Barcia e Bugallido. A senda mantén no centro do seu trazado unha decena de postes de madeira e formigón -e mesmo un groso cable de aceiro, a modo de tensor e sen ningunha sinalización, fixado no medio do pavimento- que dificultan o tránsito peonil e incumpren a actual normativa de accesibilidade.

Esta circunstancia xa fora advertida no mes de maio pasado durante a execución dos traballos e motivou a presentación dunha proposición dos populares aprobada polo Pleno municipal na que se instaba ao Goberno a “corrixir as deficiencias que para a accesibilidade representa a actual senda peonil que se está a construír”, cunha lonxitude duns 500 metros. Ademais dos postes, a colocación dos contedores de lixo contribúen a incrementar os atrancos para a mobilidade peonil.

Para o portavoz do PP “o continuo desprezo dos acordos do Pleno levan a situacións coma esta, onde o Goberno non atende ás propostas de maioría, aínda que sexan unha evidencia e un clamor para o conxunto da veciñanza”. Por este motivo, quere coñecer que razóns motivan ese desprezo do acordado e cando pensa o Goberno solucionar esa “chafallada” e cumprir co disposto na normativa de accesibilidade.

As obras de “senda peonil e reforzo da calzada en Paredes de Laraño”, iniciadas en febreiro de 2021, foron incluídas no Plan de Obras e Servizos (POS+2019) da Deputación da Coruña, cun orzamento de 126.420 euros e un prazo de execución de 4 meses.

Comentarios
Lo más