Continúa o tempo gris
08:00 11/02/22
08:00 11/02/22
As temperaturas oscilarán en Santiago entre os 8 e os 13 graos
O venres quedaremos nunha zona intermedia entre as altas e as baixas presións. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos coa posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentras que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará de compoñente leste, con intervalos fortes no litoral norte.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o xoves e o domingo. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro aínda que oscilarán e máximas sen cambios.