miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un paciente agarda máis de 2 anos para unha cirurxía no CHUS

Un paciente agarda máis de 2 anos para unha cirurxía no CHUS
Un paciente agarda máis de 2 anos para unha cirurxía no CHUS

Un paciente do CHUS acaba de denunciar publicamente que agardou 813 días (2 anos, 2 meses e 23 días) en lista de espera estrutural para unha intervención cirúrxica de Uroloxía.

A nota de prensa da Asociación de Pacientes recolle o testimonio do doente:

"Son A.V.P. paciente de 36 anos, intervido en agosto de 2016 no servizo de uroloxía do CHUS dunha frenectomía, cun resultado non totalmente satisfactorio. En febreiro de 2018 volvo ser intervido para a mesma doenza, dedicíndose no propio quirófano non realizar a postectomía. O resultado segue sen ser satisfactorio. En xuño do 2019, no mesmo servizo, son intervido dunha resección transuretral de vexiga realizándose a postectomía.

Posteriormente, nas revisión realizadas nas consultas externas, conclúese que todo está ben. Non obstante, eu aprecio a simple vista que a postectomía non foi realizada correctamente. Dado que non estaba satisfeito coa valoración do resultado da operación, vinme obrigado a acudir e pagar do meu peto a un especialista privado, que me confirma que era necesaria unha nova intervención para reparar o traballo defectuoso e tapar un dos canos que deixaron abertos de máis.

Á luz deste diagnóstico, solicito consulta co especialista no CHUS e, despois de realizarme as probas necesarias, entrégame os papeis para que me inclúan en lista de espera para ser operado outra vez. Isto aconteceu o 12 de novembro de 2019, data na que entro en lista de espera estrutural e aí levo 813 días, ata o 2 de febreiro de 2022 no que son intervido novamente. Adxunto copia da lista de espera estrutural do servizo de uroloxía a 18/01/2022. Considero que esta demora atentou contra o meu dereito a ser atendido no tempo máximo previsto legalmente e supuxo, na práctica, durante máis de 2 anos, a denegación da asistencia á que tiña dereito. "

Á Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS cónstalle, por denuncias anteriores, o incumprimento no servizo de uroloxía do CHUS dos tempos máximos de espera, incluso para pacientes con preferencia na atención, o que é unha proba manifesta da insuficiencia dos medios dispoñibles para atender a demanda asistencial e garantir o exercicio efectivo dos dereitos recoñecidos. Agora constátase, ademais, que se altera a información que se fai pública para evitar recoñecer os fallos.

O CHUS respondeu que “a intervención que se menciona é de cirurxia menor, polo que non se realiza en quirófano e polo tanto, tal e como indican os criterios globalmente adoptados por todos os servizos de saúde do SNS, non computa nos datos de demora en lista de espera que se dan públicos periódicamente”. Ademáis, “tratase dunha patoloxía que non é tempo-dependente”.

Comentarios
Lo más