miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O xoves trae chuvia a Compostela

O xoves trae chuvia a Compostela
O xoves trae chuvia a Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 9 e os 15 graos

O xoves unha fronte irase achegando a Galicia co avance do día. Así comezaremos a xornada cos ceos parcialmente cubertos e algún orballo máis probable na metade oeste. A partir do mediodía os ceos quedarán cubertos, con chuvias localmente intensas durante a tarde. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo de compoñente sur con intervalos moderados, virando pola noite a nordés tralo paso da fronte.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións o xoves e o sábado pola mañá. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios aínda que oscilarán e máximas que descenderán moderadamente.



Comentarios
Lo más