Corte de tráfico na rúa Rosalía de Castro o domingo 13
06:30 12/02/22
06:30 12/02/22
Pola instlación dun guindastre
ESte domingo, 13 de febreiro, quedará cortada ao tráfico a rúa Rosalía de Castro á altura do número 88 por mor da instalación na vía pública dun guindastre móbil e dun camión para levar a cabo obras de ampliación e reforma dunha edificación.
Cortarase totalmente o tráfico no sentido de saída da cidade e desviarase a circulación cara á praza de Vigo-Avenida de Vilagarcía- Romero Donallo.
Os peóns poderán utilizar a beirarrúa da marxe esquerda en sentido saída da cidade.