jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

O 21 de febreiro inícianse as obras de renovación na UCI do Clínico

O 21 de febreiro inícianse as obras de renovación na UCI do Clínico
O 21 de febreiro inícianse as obras de renovación na UCI do Clínico

A Xunta dedica un orzamento de 1,2 millóns de euros para esta reforma que terá unha duración de 3 meses e afectará a uns 360 m2

O vindeiro 21 de febreiro darán comezo as obras da UCI de adultos do Hospital Clínico de Santiago, así pois no mes de maio os doentes  da área compostelá contarán cunha nova UCI totalmente renovada. A Xunta de Galicia inviste un total de 1,2 millóns de euros nesta reforma que afecta a uns 360m2 e permitirá crear boxes individualizados moito máis amplos, mellorando a confortabilidade da hospitalización dos pacientes e tamén as condicións nas que realizan o seu traballo os profesionais deste servizo.

A licitación da obra tivo lugar o pasado ano pero as circunstancias epidemiolóxicas e asistenciais aconsellaron retrasar a súa posta en marcha, que terá unha duración de 3 meses.

 

Estas obras supoñen a primeira fase dun ambicioso plan funcional que duplicará o espazo do servizo de UCI e incrementará considerablemente a capacidade asistencial. Mentres se leva a cabo a reforma, a actividade dos coidados intensivos médicos desenvolverase no antigo espazo de espertar, polo que a asistencia sanitaria a doentes críticos está garantida.

 

Así pois, a nova UCI de maio contará con 10 boxes pechados, individuais e independentes que garantirán a seguridade de doentes e profesionais. En todo momento se poderá manter a circulación do persoal entorno á cama do doente, tendo en conta a utilización de múltiples dispositivos de soporte (incluído o ECMO, depuración extrarrenal e ventilación mecánica) así como o traballo de todos os profesionais necesarios para realizar as diversas manobras de coidado (incluída a movilización de decúbito prono).

 

As novas instalacións incorporarán todas as recomendacións das sociedades científicas acordadas como necesarias trala pandemia, como todo o referido a evitar toda manipulación innecesaria, buscando a máxima automatización, tanto de portas, como acristalamento ou hixiene de mans.

 

Aínda que se cambia dunha UCI aberta a unha pechada os profesionais teñen que ter unha visión directa de todos os doentes, polo que a separación será con boxes acristalados. Ao mesmo tempo, a nova UCI permitirá avanzar nas medidas de humanización e ademais de incrementar o acompañamento de familiares co aumento do espazo e a separación de cada box, incorporará novos sistemas de iluminación e aillamento individualizados, mecanizados e asépticos.

 

Tamén se incorporan medidas que permitirán a mellora da calidade do sono nos pacientes ingresados da UCI, afectada por estresores externos (fundamentalmente ruidos e luz ambiental) individualizándoa en cada habitación.

 

Posteriormente, unha vez rematada esta reforma procederase a desenvolver a segunda fase das obras de mellora da UCI na zona de ampliación, que permitirá contar con máis superficie e máis boxes de atención a doentes críticos con espazos que mesmo duplican a capacidade das camas da UCI actual.

Comentarios
Lo más