jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Sánchez-Brunete advirte que o Goberno de Sánchez Bugallo manexa unha axenda oculta de subidas fiscais

Sánchez-Brunete advirte que o Goberno de Sánchez Bugallo manexa unha axenda oculta de subidas fiscais
Sánchez-Brunete advirte que o Goberno de Sánchez Bugallo manexa unha axenda oculta de subidas fiscais


O incremento tributario afectará xa ao lixo e, a medio prazo, ao transporte e á auga



O portavoz do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, advertiu, en rolda de prensa, que o Goberno local manexa unha axenda oculta de subidas fiscais, que afectará ao lixo e, a medio prazo, ao transporte e á auga. O incremento na taxa da recollida do lixo xa se contempla na documentación orzamentaria co fin de facela efectiva no vindeiro mes de xullo, previa aprobación da modificación da ordenanza correspondente.


Sánchez-Brunete destacou que o Goberno local leva traballando máis dun ano -con ata tres documentos externos- nos cálculos para levar a cabo a suba do servizo de recollida que se inclúe nos orzamentos, o que vén a demostrar o que o Grupo Popular leva dicindo desde hai tempo, que nas contas do Concello o importante non só está no capítulo VI de investimentos, senón no capítulo II de gastos e nos capítulos de ingresos, posto que todo aumento de gasto implica un aumento de ingresos, que case sempre comporta unha carga ou un esforzo fiscal.


Na súa intervención, Sánchez-Brunete destacou que a suba fiscal máis inmediata será a da taxa do lixo, que suporá un incremento moi brusco no rural se a oposición non o impide. O portavoz popular pregúntase se os acordos orzamentarios dos grupos de esquerdas contemplan esta subida, porque, se así fora, cabería dicir que o pacto orzamentario é “o pacto do lixo”.


“No rural, a suba será moi brusca e veremos se xustificada, xa que a intención do Goberno municipal é a de eliminar a bonificación do 40 por cento, por recollida en días alternos. Ao eliminarse a dita bonificación a subida acadará un 83 %, polo que as persoas que estean pagando 7,40 euros pasarán a pagar 13,54” concretou Sánchez-Brunete.


Finalmente, o portavoz do PP pediu unha reflexión sobre a equidade fiscal, afirmando que se pode entender que un mellor servizo implique unha elevación do custo, pero “para incrementar taxas hai que baixar impostos” e non provocar unha suba brusca do custo dun servizo básico. “Se soben as taxas, deberían aliviarse os impostos”, polo que instou a Goberno local a evitar a dobre imposición en contextos como o actual de subas xeneralizadas.

Comentarios
Lo más