Aprobadas distintas medidas para facer efectiva a peonalización da zona de Mazarelos
A Xunta de Goberno Local aprobou distintas medidas para facer efectiva a peonalización da zona de Mazarelos
O executivo municipal aprobou a modificación das prazas da ORA no ámbito da praza de Abastos, como unha das medidas a adoptar para facer efectiva a peonalización da rúa Mazarelos, deixando 15 prazas:
-10 prazas na Travesa da Universidade
-5 prazas na praza de San Fiz de Solovio (de nova creación).
Estas prazas serán de curta duración cun horario de luns a sábado de 8:00 a 14:00 horas, coa obriga de rotación aos 60 minutos, nos termos do establecido no artigo 5 da Ordenanza do Sistema de Ordenación e Regulación do Servizo de Aparcamento ORA e Aparcamento de Residentes.
A maiores, tamén se aprobou:
- A creación dunha zona de aparcamento para residentes do casco histórico cunha serie de prazas de residentes, que poderán aparcar en dúas zonas concretas: na rúa Travesa da Universidade (no tramo comprendido entre a saída da Praza de San Fiz e a Praza de Fonte Seca) en horario de 20:30 a 8:00 horas; e nas prazas de zona ORA habilitadas na rúa Travesa da Universidade, que serán prazas de residentes de zona monumental fóra do horario limitado desta zona ORA, que é de 20:30 a 8:00 horas.
- A habilitación dunha zona de aparcamento de residentes de zona monumental na rúa Mazarelos, durante 24 horas.