Continúa o tempo seco e solleiro
08:00 08/02/22
08:00 08/02/22
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 5 e os 18 graos
O martes Galicia continuará na influencia das altas presións polo que se agarda unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados. Bancos de néboa matinal en comarcas do interior. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará frouxo do sueste.
En Santiago, agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados, aínda que ocasionalmente poderán atoparse moi anubrados. Agárdanse precipitacións o xoves pola noite. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios aínda que oscilarán.