jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A Xunta únese a Correos para difundir o Xacobeo entre as asociacións de amigos do camiño

A Xunta únese a Correos para difundir o Xacobeo entre as asociacións de amigos do camiño
A Xunta únese a Correos para difundir o Xacobeo entre as asociacións de amigos do camiño


   A través da sinatura dun convenio con Turismo de Galicia, Correos únese á relación de entidades e empresas patrocinadoas do Ano Santo



Correos, como empresa colaboradora do Xacobeo 21-22, únese á difusión da celebración do Ano Santo grazas a un convenio de colaboración asinado coa Xunta de Galicia. Un acordo en virtude do que se está a promover este evento no ámbito nacional e internacional a través do envío dun selo e tres láminas conmemorativas do Ano Santo ás preto de 350 Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago que se atopan espalladas por todo o mundo.

O selo do Xacobeo 21-22, emitido en maio de 2021, está protagonizado por Floreano, un dos personaxes máis queridos da prensa galega, convertido para a ocasión en peregrino. O envío complétase con tres ilustracións de Alicia Aradillo que forman parte do libro filatélico O Camiño de Santiago. Selo a Selo e no que o propio Camiño, o Pórtico da Gloria e a Catedral de Santiago son os protagonistas.

A través deste convenio, asinado a través de Turismo de Galicia, Correos segue a promover o Camiño de Santiago como factor de cohesión cultural, ambiental, territorial e de desenvolvemento económico.

Comentarios
Lo más