Domingo con algunha nube
08:00 06/02/22
08:00 06/02/22
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 4 e os 13 graos
O domingo as altas presións seguirán estacionarias ao noroeste de Galicia. Agárdase así un día de ceos despexados en xeral con algunhas néboas matinais no interior e nubes baixas no terzo norte. As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso con xeadas, mentres que as máximas seguirán sen cambios. O vento soprará frouxo de compoñente norte.
En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios aínda que oscilarán e máximas que ascenderán moderadamente.