miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Venres gris en Compostela

Venres gris en Compostela
Venres gris en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 8 e os 16 graos en Santiago

Galicia verase afectada durante o venres por unha fronte pouco activa que se achegará polo norte, deixando ceos con máis nubes canto máis ó norte, onde mesmo haberá posibilidade de chuvias febles. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un descenso entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos en xeral, moderados no litoral atlántico.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos pouco anubrados ou despexados, ocasionalmente con nubes e claros. Haberá precipitacións do xoves pola tarde ó venres pola mañá e o venres pola noite. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que se manterán sen cambios.



Comentarios
Lo más