miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Piden a Bugallo que se desmarque de Pedro Sánchez e empece a tomar medidas ante a subida da luz

Piden a Bugallo que se desmarque de Pedro Sánchez e empece a tomar medidas ante a subida da luz
Piden a Bugallo que se desmarque de Pedro Sánchez e empece a tomar medidas ante a subida da luz

Verea advirte que “hoxe pagamos 11 millóns de € máis de IBI todos os veciños, incrementouse un 50%, onde meten eses cartos? porque as rúas están máis sucias, os autobuses están peor que nunca e as poucas obras que fan non son quen de rematalas”

O Partido Popular de Santiago saiu  á rúa para visibilizar un dos principais problemas que afecta ás familias de Santiago, a subida desorbitada de todos os prezos, especialmente o da luz.


Nesta encontro informativo cos veciños, no que instalaron unha carpa na esquina de Xeneral Pardiñas con Montero Ríos, o presidente dos populares composteláns e deputado autonómico, Borja Verea, que estivo acompañado, entre outros, de Jose Manuel Rey Varela, Paula Prado, Carmen Pomar e Sánchez Brunete, aproveitou para lembrar que “o PSOE de Pedro Sánchez e Sánchez Bugallo chegou ao goberno prometendo que ían baixar o prezo da luz e meter en cintura ás compañías eléctricas, hoxe temos a factura da luz máis cara da historia e ás empresas eléctricas con beneficios record”. Nesta liña subliñou que “todos os veciños de Santiago están sufrindo o prezo da luz, e moitas familias están tendo problemas para chegar a fin de mes, sen que ninguén no partido socialista queira asumir ningunha responsabilidade”.


Insistiu en que “os responsables do PSOE en Santiago son cómplices, xa que poden facer cousas e non as fan, a máis importante sería unha baixada de impostos municipais para dar algo de osíxeno ás familias ante a escalada de prezos, mentres que aquí o goberno de Bugallo fai todo o contrario, segue subindo os impostos, sen ningún tipo de sensibilidade, hoxe pagamos 11 millóns de € máis de IBI todos os veciños, incrementouse un 50%, ¿onde meten eses cartos? porque as rúas están máis sucias, os autobuses están peor que nunca e as poucas obras que fan non son quen de rematalas” concluíndo que “a mala xestión do PSOE ten un prezo, e ese prezo estano pagando todas as familias coa subida da luz, dos alimentos, da gasolina, do butano e dos impostos”

O deputado popular tamén insistiu en que “a obsesión do Goberno por querer negar este incremento desorbitado da factura da luz de familias, pemes, autónomos é tan preocupante como a propia subida do prezo”, e “non entendemos esta incapacidade de asumir a súas responsabilidades” e, ademáis, salientou que “desde o Partido Popular si hai medidas sobre a mesa para rebaixar o prezo da luz, temos elaborado un plan de choque con medidas eficaces, entre elas a supresión do imposto de xeración eléctrica, baixar o IVE e un pacto para estabilizar os prezos”.

“Pero nin Pedro Sánchez nin Sanchez Bugallo asumen a súa responsabilidade, nin tampouco propoñen solucións, nos próximos días vaise aprobar o Orzamento municipal en Santiago, que esperamos sexa o último desde goberno, un orzamento que vai a consolidar esa subida de impostos e que non foi quen en toda a lexislatura de atender as cuestión básicas, hoxe as rúas están máis sucias, os autobuses peor que nunca e as obras non se rematan, mentres os impostos municipais seguen subindo e os prezos están desorbitados” insistiu Verea.


Comentarios
Lo más