jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Verea afirma que Santiago merece un goberno que non minta aos seus veciños

Verea afirma que Santiago merece un goberno que non minta aos seus veciños
Verea afirma que Santiago merece un goberno que non minta aos seus veciños

Verea acusou ao goberno municipal de “mentir cos 280 millóns do Real Padroado, de seguir mentindo en Concheiros e quere agora ocultar o contrato da auga, que movilizará máis de 100M en obras de xeito opaco e sen ningunha auditoría".

Borja Verea, deputado autonómico e presidente dos populares composteláns, afirmou que "o goberno municipal mentiu cos 280 millóns do Real Padroado, segue mentindo en Concheiros e agora quere ocultar o contrato da auga, que movilizará máis de 100M en obras de xeito opaco e sen ningunha auditoría".


Así, lembrou na súa intervención no Parlamento de Galicia que Pedro Sánchez e Sanchez Bugallo convocou, como consecuencia do Xacobeo, o Real Padroado do Consorcio de Santiago, “aterraron varios ministros da man do alcalde de Santiago e prometeron sen ningún tipo de rubor 280M de euros para obras faraónicas”, anuncios que todos os veciños “vimos ao longo de varias semanas”, e que, según Verea, “na primeira oportunidade en que tiñan que poñer negor sobre branco se estes investimentos eran reais ou mera propaganda deixaron claro cos orzamentos xerais do ano 2022 a súa intención: cero euros para a cidade de Santiago”. Nese senso criticou ademais o uso propagandístico desta institución onde os ministros e o alcalde socialista “sacaron as fotos, conseguiron moitas portadas, pero marcharon sen deixar nin un só euro”. Asunto do que considerou tomaron boa nota todos os veciños de Santiago.



Todo o acontecido coa obra de Concheiros é tamén para o deputado popular “un despropósito e un bochorno”. Verea afirmou que “xa non pedimos máis que que digan a verdade, vivimos hai uns días o bochorno do dun concelleiro contradecindo ao alcalde e ensinando uns documentos que eran falsos”. Unha situación “lamentable” que para Verea “ xa so queda esperar que as obras rematen cando antes e que busquen solucións para o día despois das obras, especialmente coascase 100 prazas de aparcamento que desaparacen”. E lamentou que “o concello actúe como avogado defensor da concesionaria, retrasando as sancións, xa que seguramente o que non fixo ben as cousas foi o goberno municipal e por iso agora non poden sancionar a empresa”.


Verea Fraiz deixou claro que “quedan poucos meses de lexislatura e o goberno de Santiago é un goberno en decadencia, tanto nas formas coma no fondo”, así quedou reflectido nos plenos desta semana, nos que os actuais gobernantes quedaron retratados como “uns dirixentes en soidade e que xa non representan os intereses dos veciños”. Así destacou que “Santiago merece un novo goberno, despois de 25 anos cos mesmos discursos xa non enganan a ninguén, só queda un ano de lexislatura e liquidaron toda a súa credibilidade”.

Comentarios
Lo más