O ano acaba con bo tempo
As temperaturas oscilarán enter os 12 e os 17 graos
Galicia estará durante a Noitevella baixo a influencia dun anticiclón centrado na península Ibérica. Con esta situación, agárdase ceos con nubes de tipo alto que non impedirán o paso do sol. As temperaturas non experimentarán cambios ou terán lixeiros ascensos nas máximas no oeste da Comunidade. Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados en xeral, con intervalos fortes no litoral e zonas altas do interior.
En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos pouco anubrados ou despexados, ocasionalmente con nubes e claros. Haberá precipitacións o sábado. En canto ás temperaturas, serán altas para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios.