Chega o sol e suben as temperaturas
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 9 e os 17 graos
As altas presións achegarán estabilidade e aire cálido dende o sur durante esta xornada. Deste xeito o ceo estarán en xeral despexado, soamente con algún banco de néboa matinal no interior, pouco persistente en xeral. As temperaturas mínimas serán algo máis baixas que na xornada anterior, pero as máximas continuarán ascendendo, quedando en valores elevados para a época do ano. Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados en xeral, con intervalos fortes na segunda metade do día no litoral e zonas altas do interior.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros pouco anubrados ou despexados, aínda que ocasionalmente poderán atoparse con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o sábado pola noite. As temperaturas serán altas para esta época do ano, con mínimas en descenso moderado aínda que oscilarán e máximas sen cambios.