Último día de chuvia antes dunha tregua para acabar o ano
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 13 e os 14 graos
Galicia estará durante o mércores baixo influencia anticiclónica, pero con ventos de compoñente sur, que arrastrarán aire húmido. Deste xeito, teremos unha xornada de ceos nubrados, con orballos máis probables canto máis ó oeste. Durante a tarde irán abríndose claros, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense. As temperaturas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán do suroeste, moderados no interior, fortes no mar.
En Santiago, agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o mércores. En canto ás temperaturas, serán altas para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que ascenderán moderadamente.