Continúa a chuvia este martes en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 14 e os 15 graos
Durante o martes Galicia estará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Deste xeito, agárdase un día de ceos nubrados, con chuvias febles, máis probables canto máis ó oeste da Comunidade. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do suroeste, fortes no litoral noroeste de Galicia e moderados no resto.
Ceos con nubes e claros ó comezo, moi anubrados cara a metade e pouco anubrados ou despexados ó final do período. Agárdanse precipitacións o martes e o mércores. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro aínda que oscilarán e máximas en ascenso moderado.