miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Aprobada a xustificación e o pagamento de subvencións por un importe global de máis de 330.000 €

Aprobada a xustificación e o pagamento de subvencións por un importe global de máis de 330.000 €
Aprobada a xustificación e o pagamento de subvencións por un importe global de máis de 330.000 €

Así o comunicou o alcade na roda de prensa posterior a Xunta de Goberno, a última ordinaria do ano

A Xunta de Goberno aprobou a xustificación dos seguintes convenios de colaboración polos importes correspondentes: Cámara de Comercio, 75.000 €, Asociación de Dano Cerebral de Compostela (SARELA), 3.000 €; Fundación Andrea de apoyo a los niños con enfermedades de larga duración, 3.000€; Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, 2.000€; Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer (AGADEA), 2.992,89 €; Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista (TEA), 3.000 €; Fundación Monte do Gozo, 45.000€; Sociedade Cooperativa Galega Mercado de Abastos de Santiago,10.000 euros; Asociación de empresarios e profesionais centro comercial aberto Compostela Monumental, 31.000 €; Comunidade de Propietarios Centro Comercial Área Central, 30.000 €; Cáritas Diocesana de Santiago, 29.723,33 €; e a Cocina Económica de Santiago, 60.000,00 €.


Tamén se concederon subvencións ás entidades deportivas Federación Española de Luchas Olímpicas y Disciplinas Asociadas e Asociación Special Olympics Galicia por un valor de 8.000 € e 3.500 € respectivamente, e 24.483 € para 12 entidades que contribúen ao fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo LGTBQI e da prevención e loita contra as violencias machistas. 
Comentarios
Lo más