A semana comeza con chuvia
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 14 graos
O luns, a proximidade dunha borrasca ao norte de Galicia traerá unha xornada moi ventosa e desapracible. O día preséntase de ceos nubrados con chuvias localmente fortes, máis frecuentes pola mañá. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentras que as máximas seguirán sen cambios. O vento soprará do suroeste forte, con intervalos moi fortes no litoral e zonas altas.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro e máximas sen cambios. Vento forte do Sudoeste o domingo pola noite; e forte do Sudoeste o luns pola tarde.