miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Domingo gris e con moita auga

Domingo gris e con moita auga
Domingo gris e con moita auga

As temperaturas oscilarán entre os 10 e os 15 graos

Galicia estará durante o domingo baixo a influencia dunha borrasca que se situará ó noroeste. Con esta situación, agárdase un día de ceos cubertos con precipitacións, máis persistentes pola tarde e acompañadas de aparato eléctrico pola noite. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do sur-suroeste, moderados pola mañá, fortes o resto da xornada, con intervalos moi fortes no litoral noroeste e zonas altas á noite.

En Santiago, agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o domingo, o luns e o martes. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro e máximas sen cambios. Vento forte do Sudoeste do luns pola mañá ó luns pola tarde.




Comentarios
Lo más