Último día en calma antes de que chegue a chuvia
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 13 e os 14 graos
Galicia continuará na influencia das baixas presións que envían sucesivas frontes. Unha primeira de madrugada, con chuvias que irán remitindo co avance da mañá. Durante o mediodía e a tarde os ceos quedarán nubrados, con baixa probabilidade de precipitación e pola noite chegará unha segunda fronte que cruzará toda Galicia de oeste a leste. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará de compoñente sur, con intervalos fortes no litoral pola noite.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en descenso lixeiro. Vento forte do Sur do venres pola noite ó sábado pola mañá.