miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

As escolas infantís municipais celebraron as actividades de Nadal 2021

As escolas infantís municipais celebraron as actividades de Nadal 2021
As escolas infantís municipais celebraron as actividades de Nadal 2021

As escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños dedicaron este mes de decembro a preparar o Nadal. Nenos e nenas traballaron en diferentes talleres nos que fixeron manualidades coas que agasallar as súas familias e celebraron unha festa de Nadal na que recibiron a visita do Apalpador

As escolas mantiveron durante este mes a súa programación habitual pero centrada na temática de Nadal. A colaboración das familias foi, como sempre, fundamental para o desenvolvemento das actividades e tamén na campaña de recollida de roupa e comida para os mais desfavorecidos.


En concreto, desde o 10 de decembro viñéronse realizando obradoiros de manualidades para elaborar decoración para as escolas e agasallos para as familias, ensaios de panxoliñas, bailes e cancións de Nadal e circuítos para favorecer a psicomotricidade.

Como remate a estas actividades, o 17 de decembro na Escola das Fontiñas e o 21 nas de Conxo e de Meixonfrío-Salgueiriños celebrouse a Festa de Nadal, organizada por grupos e por aulas caracterizados para a ocasión, na que se cantaron panxoliñas e se recibiu a visita do Apalpador.

Servizos mínimos de Nadal

Os servizo mínimos de Nadal préstanse do 22 de decembro ao 7 de xaneiro (ambos incluídos), en horario de 07:30 a 16:00 horas. As actividades programadas pola escolas para este periodo son as seguintes:

• Mércores 23,29 de decembro e 5 de xaneiro: Divertímonos sendo reposteiros.
• Xoves 23 e 30 de decembro: Divertímonos facendo manualidades.
• Venres 24,31 de decembro e 7 de xaneiro: Divertímonos facendo xogos de nadal.
• Luns 27 de decembro 3 de xaneiro: Divertímonos creando obras de arte relacionadas co nadal.
• Martes 28 de decembro e 4 de xaneiro: Divertímonos coa psicomotricidade 
Comentarios
Lo más