Nubes e claros con posibilidade de chuvia
As temperaturas oscilarán entre os 11 e os 15 graos
O mércores prevese a chegada dunha fronte pola noite. Agárdase así un día de ceos con intervalos de nubes e claros, con chuvias na noite do mércores ó xoves, localmente fortes no litoral atlántico. As temperaturas non terán cambios en xeral, con lixeiros descensos puntuais das máximas. Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados en xeral, con intervalos fortes no litoral e zonas altas.
En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán moi anubrados. Agárdanse precipitacións o mércores pola noite e do xoves pola noite ó venres pola noite. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en descenso moderado.