Continúa o tempo gris e con chuvia
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 16 graos
O martes seguiremos na influencia das borrascas agardando a chegada dunha fronte cara á noite. Teremos así un día de ceos nubrados, con chuvias ocaisionáis que irán entrando polo suroeste. As temperaturas experimentarán un lixeiro a moderado ascenso. O vento en terra soprará de compoñente sur con intervalos fortes e refachos moi fortes nas zonas altas. No mar, forte no litoral oeste.
En Santiago, prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas. Haberá precipitacións o martes pola noite e o mércores pola noite. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios.