Bugallo avisa de que "concarácter inmediato pasarase a denunciar" se non se cumplen as medidas nos locais
A Policía Local xa está facendo "visitas pedagóxicas"
O rexedor referiuse en roda de prensa ao avance da covid na cidade: "en 7 días pasamos de 192 a 335 casos activos, un 74% máis", polo que reiterou o chamamento á responsabilidade e a que acodan vacinarse os que aínda non o fixeron. Sánchez Bugallo insistiu na necesidade de "manter a vixilancia", algo que a Policía local de Santiago leva facendo durante toda a semana nos locais hostaleiros.
"De momento, están sendo visitas pedagóxicas", sinalou, "pero con carácter inmediato pasarase a denunciar" no caso de que se detecten incumprimentos das medidas impostas pola autoridade sanitaria.
Outros asuntosNa comparecencia, Sánchez Bugallo tamén se referiu a outros asuntos. Indicou que este luns asistirá á viaxe inaugural do AVE a Galicia e que agarda concretar a reunión da comisión de seguimento da Intermodal.
Sobre as obras de Concheiros, reafirmou o compromiso acadado co sector comercial do barrio de realizar actividades de dinamización tanto nestas datas como o ano que vén, unha vez rematen os traballos.