miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Aberto un novo prazo de inscrición nas Mañás de Nadal 2021

Aberto un novo prazo de inscrición nas Mañás de Nadal 2021
Aberto un novo prazo de inscrición nas Mañás de Nadal 2021

Aquelas familias que non chegaron a tempo á preinscrición das Mañás de Nadal, poderán solicitar algunha das prazas vacantes ata o próximo luns

O prazo para solicitar unha das vacantes estará aberto das 00.00 h do sábado 18 de decembro ata as 14:00 h do luns 20 de decembro e deberá formalizarse mediante o envío da ficha de preinscrición dispoñible na web santiagodecompostela.gal ao correo electrónico ao enderezo ccpreinscricions@santiagodecompostela.gal


As prazas vacantes cubriranse por rigurosa orde de recepción dos correos no antedito buzón.

Ao longo do dia 21 confirmarase a obtención de praza a través do correo electrónico.

Prazas vacantes

- Mañás de Nadal no CSC das Fontiñas- 6 prazas (4 a 8 anos)
- Mañás de Nadal no CSC de Vite- 4 prazas(4 a 8 anos)
- Mañás de Nadal no CSC A Gracia- 10 prazas(4 a 12 anos)
- Mañás de Nadal no CSC de Figueiras- 1 praza.(4 a 12 anos)

- Mañás de Nadal no CSC de Conxo- 3 prazas(6 a 11 anos) 

Comentarios
Lo más