miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Arrefría o tempo en Compostela

Arrefría o tempo en Compostela
Arrefría o tempo en Compostela

As temperaturas oscilarán entre so 4 e os 15 graos

As altas presións continuarán unha xornada máis estacionarias ao norte da península Ibérica polo que a estabilidade seguirá a ser predominante. Isto quere dicir que agardamos unha xornada de ceo pouco nubrado ou despexado, con néboas matinais no interior localmente persistentes e intervalos de nubes altas no resto que non impedirán o paso do sol. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán moi frouxos de compoñente leste.

En Santiago teremos ceos pouco anubrados ou despexados ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo tenderán a estar con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o luns. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas en descenso lixeiro.



Comentarios
Lo más