Ceos despexados e boa temperatura en Compostela
08:00 16/12/21
08:00 16/12/21
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 17 graos
O xoves as altas presións continuarán estacionarias sobre o continente europeo traendo unha xornada máis de estabilidade a Galicia. Teremos así ceos pouco nubrados en xeral con néboas matinais localmente persistentes. As temperaturas mínimas seguirán sen cambios mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo de compoñente leste.
En Santiago prevense ceos pouco anubrados ou despexados nas próximas datas. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e altas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que se manterán sen cambios aínda que oscilarán e máximas que descenderán moderadamente.