EV de Sar denuncia intolerable estado de abandono do barrio por parte do Concello
Denuncian que tras dous anos e medio de lexislatura o barrio segue sen ver solucionados os problemas endémicos do barrio
O Espazo Veciñal de Sar lamenta acontecementos tráxicos como o atropelo producido o pasado 9 de decembro no Cruce do Castrón Douro, e denuncia que o estado de desatención que vive o barrio de Sar no seu conxunto, convérteo nun barrio absolutamente inseguro para os peóns e para a súa veciñanza, sen que os reiterados avisos da asociación ao Concello teñan utilidade ningunha.
Según relatan nun comunicado, "dende a chegada do novo Goberno Municipal a asociación vén denunciando o abandono de obras estratéxicas, como a finalización do proxecto do Castrón Douro e rúa do Sar. Outro dos proxectos soterrados no olvido é o acometemento do Plan Especial, pactado coa veciñanza, que supuña unha intervención integral nas rúas Ponte do Sar, Cruceiro do Sar e Sandino para priorizar a vida veciñal, con ampliación das beirarrúas e establecemento de espazos comunitarios. Hoxe por hoxe o estado destas rúas caracterízase por desprendemento de lousas, tramos enteiros de louseta esnaquizada, beirarrúas con obstáculos e intransitábeis e o incremento da perigosidade nos días de menor visibilidade", apuntan.
As rúas Santas Mariñas, Picaños, Ponte do Sar e, en tamén rúa do Sar, seguen a ser utilizadas como unha circunvalación a alta velocidade, o que está a poñer permanentemente en perigo a integridade física das veciñas, con permanente risco de atropelo, por moito que levamos anos pedindo por todas as vías a inmediata intervención do Concello para establecer medidas redutoras da velocidade, tal le como apuntan os veciños. "Hai seis meses, a Concellaría de Tráfico comprometérase a realizar, nun prazo máximo de 15 días, unhas medición para un posterior Plan de Intervención. Nin medición nin intervención. Simplemente, máis abandono", sinalan.
Ademáis apuntan que unha rúa como a Travesa de Picaños segue intransitábel, pechada ao tráfico por un derrube parcial que o Concello "se ve incapaz de atallar con celeridade". A lista de reclamacións por parte dos veciños continúa ca necesidade de remodelar a pasarela paralela á ponte, a adecuación de determinadas zonas en risco de inundación, todo o patrimonio histórico e artístico do barrio como a Colexiata, o cruceiro, o lavadoiro octogonal de Picaños, as fontes, as curtidorías, as represas, os muíños, a Calzada Real con pavimento do s. XVIII... segue sen ser posto en valor, e en moitos casos atópase en pésimo estado de conservación. Ademáis de potenciar o barrio económicamente.