miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Concello pon a disposición da cidadanía un correo electrónico provisional mentras non se recupera o servidor principal

O Concello pon a disposición da cidadanía un correo electrónico provisional mentras non se recupera o servidor principal
O Concello pon a disposición da cidadanía un correo electrónico provisional mentras non se recupera o servidor principal

O departamento de Informática está traballando desde o pasado venres na recuperación do servidor de correo electrónico do Concello de Santiago. Un fallo no programa deste servidor (Microsoft Exchange 2003) colapsou as bases de datos onde se almacena a información das persoas usuarias e, neste momento, a maioría dos correos electrónicos do Concello de Santiago non funcionan. Mentras non se subsana esta incidencia, o Concello pon a disposición da cidadanía un enderezo de correo electrónico provisional: gabinete.alcaldia@santiagodecompostela.gal.

O fallo ocorreu cando se estaba planificando a migración desa base de datos a un novo servidor que formaría parte da proposta de mellora de seguridade informática do Concello de Santiago, a financiar con fondos europeos. As bases de datos almacénanse en varios ficheiros. O que colapsou foi o máis grande, por iso hai algunha persoa usuaria que sigue dispoñendo de servizo de correo electrónico.


Neste momento estase a traballar en varias alternativas. A primeira delas, a opción principal, é utilizar unha ferramenta do propio MS Exchange que serve para reparar a base de datos existente, que permitiría recuperar toda a información. É a que se recomenda desde Microsoft. Pero o problema é que ao ser a base de datos tan grande, leva moito tempo.

Se esta opción falla, estanse a preparar dúas copias exactas do servidor, tal e como estaban no momento en que colapsou o sistema. É unha opción case inmediata, aínda que ten o problema de que se perden os correos posteriores.

Outra alternativa na que se está traballando en paralelo é a de crear unhas caixas de correos novas a cada persoa usuaria, partindo de cero, ao mesmo tempo que se intentan recuperar os correos que xa tiña na súa conta. 

Comentarios
Lo más