miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

CCOO estima en máis de 200 as consultas suspendidas pola folga en Otorrinolaringología do CHUS

CCOO estima en máis de 200 as consultas suspendidas pola folga en Otorrinolaringología do CHUS
CCOO estima en máis de 200 as consultas suspendidas pola folga en Otorrinolaringología do CHUS

O sindicato lamenta que a «inoperancia» da Xerencia prexudique os doentes da área sanitaria Santiago-Barbanza e sinala que a os paros continuarán mentres non se dea unha solución ao conflito

A folga do servizo de Otorrinolaringoloxía (ORL) do Hospital Clínico de Santiago de Compostela (CHUS) completou esta semana a terceira xornada. O seguimento destes paros laborais está roldando o 70 % e provocaron, ata o momento, a suspensión de máis de duascentas consultas, ás que se sumarán as anulacións que se produzan nos vindeiros días de folga, o 21 e o 29 deste mes.

Desde a Federación de Sanidade de CCOO lamentan que a «inoperancia» da Xerencia prexudique os doentes da área sanitaria Santiago-Barbanza e sinala que a os paros continuarán mentres non se dea unha solución ao conflito.

Por outra parte, o comité de folga, no que hai nove médicos especialistas en ORL, denuncia as manobras da Xerencia para diminuír o impacto dos paros, ben sexa facendo cambios de actividade, ben sexa coa desprogramación de citas para os días de folga. «Oxalá tivesen a mesma axilidade para darlle solución ás nosas xustas reivindicacións», censuran os profesionais.

Humillacións e menosprezos

A Federación de Sanidade de CCOO reitera que existe un conflito polo tratamento persoal e profesional entre o xefe de servizo e a maioría dos facultativos, que foi aumentando en número de traballadores e traballadoras afectadas, así como na intensidade «das faltas de respecto, humillacións e menosprezos». O sindicato tamén constata un «caos organizativo» que atribúe a este responsable.

Comentarios
Lo más