miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Somos Criminais 3 en Santiago

Somos Criminais 3 en Santiago
Foto: Boga
Somos Criminais 3 en Santiago

Somos Criminais 3 estará os días 18 e 19 de decembro no Auditorio de Galicia

Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán están de volta... e media! Logo do éxito de Somos Criminais, o espectáculo que máis entradas vendeu na historia en Galicia con máis de 50.000, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán volven aos teatros este outono. Como segundas partes nunca foron boas, chega directamente Somos Criminais 3.

Somos criminais no sentido menos criminal da palabra? Temos unha maneira propia de ser e de estar? Somos diferentes, somos parecidos ou somos iguais aos demais? Son certos os tópicos que hai sobre nós? Estas son algunhas das preguntas ás que os dous cómicos tentarán dar resposta.

E é que en Somos Criminais 3, Carlos Blanco e Xosé Touriñán analizan Galicia e os seus habitantes para saber como somos e averiguar por que somos como somos. Un espectáculo completamente novo que conta outra vez coa dirección de Tito Asorey e os textos de José L. Prieto, Carlos Blanco e Xosé A Touriñán.

Logo da estrea na Illa de Arousa, estivo no Teatro Colón da Coruña onde máis de 5.000 espectadores encheron as seis funcións programadas do luns 6 ao mércores 8. A pasada fin de semana fixo parada no Auditorio Municipal de Ourense onde preto de 2.500 espectadores gozaron do espectáculo. Somos Criminais 3 chega agora a Santiago de Compostela co obxectivo de seguir levando as risas aos teatros.

A venda de entradas e o resto de datas do espectáculo están dispoñibles na páxina web www.somoscriminais.gal

Comentarios
Lo más