As obras do CHUS durarán "non menos de tres anos, estima Bugallo
06:30 14/12/21
06:30 14/12/21
Todo está a punto para a licitación das obras do hospital compostelano
Sánchez Bugallo se referiu na rolda á reunión que mantivo o Concello coa Consellería de Sanidade e a dirección hospitalaria sobre a amplicación do CHUS.
Segundo salientou o rexedor, "todo está listo para que as obras poidan saír a licitación no momento no que a Consellería o decida". De feito, incidiu o alcade, a intención da Xunta é sacalas a licitación no primeiro semestre de 2022. As obras alongaríanse "non menos de tres anos".
Sobre o aparcadoiro e o edificio do IDIS, Sánchez Bugallo manifestou a plena disposición municipal co obxectivo de que "o hospital poida adecuarse ás necesidades de Santiago e da área sanitaria e seguir medrando".